The Who Sell Out

The Who Sell Out
Álbum de The Who
Publicado15 de decembro de 1967
Gravaciónmaio - novembro de 1967
Estudio(s)Talentmasters Studios, Nova York; IBC Studios, Pye Studios, De Lane Lea Studios, CBS Studios e Kingsway Studios, Londres; Gold Star Studios, Los Angeles
Duración38:46
Xénero(s)pop psicodélico, power pop
Selo(s)Track, Decca
Producido porKit Lambert
Cronoloxía
A Quick One The Who Sell Out Magic Bus: The Who on Tour

The Who Sell Out é o terceiro álbum da banda inglesa de rock The Who, publicado o 15 de decembro de 1967 a través do selo Track Records no Reino Unido e de Decca Records nos Estados Unidos. É un álbum conceptual, formado como unha colección de cancións non relacionadas intercaladas con anuncios publicitarios e de servizo público falsos.[1] O disco pretende ser unha emisión da radio pirata Radio London. Parte da ironía do título estaba en que The Who facían anuncios publicitarios durante ese período da súa carreira, algúns dos cales aparecen como canións extra no CD remasterizado.

A edición do álbum foi seguida por preitos debido á mención de intereses comerciais reais nos falsos anuncios e nas portadas do disco, e polos creadores dos jingles reais (de Radio London), que reclamaron que The Who usounos sen permiso; os jingles foran producidos por PAMS Productions de Dallas, Texas, que crearon milleiros de jingles identificadores de emisoras nos anos 60 e 70. Foi a compañía de desodorizantes Odorono a que se ofendeu porque o produtor Chris Stamp lle fixo unha petición de patrocinio. "I Can See for Miles" foi publicada como sinxelo e chegou ao número 10 das listas do Reino Unido e dos Estados Unidos.

  1. Pop Chronicles (ed.). "Show 49 - The British are Coming! The British are Coming!: With an emphasis on Donovan, the Bee Gees and the Who". Arquivado dende o orixinal o 16 de xuño de 2012. Consultado o 27 de xaneiro de 2017. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy